Denunciamos mala fe na negociación convenio por parte da empresa. (Povisa tiene convenio propio). Desde maio (reunión nº 2) a empresa só ofrece convenio provincial (o que conleva unha redución do 40% do noso salario). Ante a inmovilidade da empresa cambiamos o noso anteproxecto, a empresa seguiu ofrecendo o provincial. Denunciamos mala fe por parte da empresa na negociación en Inspección de traballo. Este mes pasado na reunión nº 17, a empresa trae outra oferta que en moitos puntos é peor que o provincial.
Esta oferta á baixa do noso convenio a fai a empresa nun momento no que obtivo beneficios dun millón douscentos mil euros (dato e ademais os traballadores non cobramos os atrasos do 2010, conxelación do 2011, reducción dun 10% da productividade dos médicos, rebaixa dos incentivos ao 5%, despedimento de 27 limpiadoras e redución de xornada de administrativos, celadores e auxiliares de planta 8unhas 200 traballadores), o que supuso para a empresa un aforro de mais do 20% da masa salarial. Ademais a empresa ten pensado facer reducións de xornada en quirófano, esterilización, postoperatorio, UCI, policlínica, endoscopias, clínica de día, diálisis, litotricia y medicina nuclear. (Uns 150 traballadores).
As reducións de xornada están baseadas nun estudio de cargas de traballo que nunca nos ensinaron. Denunciamos mala fe por parte da empresa ao non querer ensinarnos ese estudio e por reunirse cos traballadores a espaldas do comité incumprindo o E.T, feito tamén denunciado ante inspección de traballo. Mostramos a nosa total oposición a esas reducións de xornada baseadas nas cargas de traballo xa que esta empresa traballa con pacientes que necesitan cuidados e atención as 24 horas do día, non é unha empresa de facer tornillos na que se pode programar o traballo. Con estas reducións de xornada queda menos personal a varias horas do día (de 8 a 10, de 14 a 16 e de 21 a 23 o que consideramos que afecta á calidade asistencial dos usuarios. Como dato importante, apuntar que no ano 2006 cando se firmou o acordo básico pola saude na aérea sanitaria de Vigo (firmada por povisa, Xunta, concello e universidade) Povisa atendía a 139.183 pacientes e había 1500 traballadores, agora atendemos a 143.000 pacientes e somos 1339 traballadores dos que mais do 25% teñen a xornada reducida (aumentaron os pacientes e disminuiron a presencia de traballadores).
Pensamos que a empresa é responsable desta situación pero o Sergas tamén. A maioría dos pacientes son Sergas e o 75% dos ingresos de Povisa proveñen do concerto coa Xunta polo que entendemos que a Xunta non pode mirar para outro lado. Ademáis a Xunta xa lle advertira a Povisa cando quiso facer un ERE extintivo, de que Povisa non podía levar a cabo ningún tipo de ERE e descartaba calquer fundamento legal en que se puidese sustentar. Con esta decisión o Consello da Xunta de galicia garantizaba a continuidade asistencial e imposibilitaba axustes de persoal derivados do concerto en vigor. Non entendemos que agora a Xunta non faga nada pois se están a facer axustes no persoal que afectan á atención dos usuarios.
Tamén queremos apuntar a inmovilidade que están a levar a cabo a Inspección de traballo e a xustiza. Inspección ainda non nos contestou ás denuncias que lles presentamos, e no caso da xustiza, presentouse denuncia por cambios de turno que se gañou, dicindo a xuiz na sentencia que se debían poñer os antigos turnos; a empresa segue sen cambiar os turnos polo que se pediu a execución da sentencia e o xuiz ainda non a mandou executar.
Por todo isto, para defender o noso convenio, e para informar á cidadanía do que está a acontecer no hospital nos vemos obrigados a levar a cabo unha serie de mobilizacións desde decembro ata que se solucione (a data tope para negociar é 7 de xullo do 2013). As mobilizacións previstas para decembro son as seguintes:
Martes 11 de decembro. Concentración na lonxa do Concello. Ás 10:00 horas sair de Povisa ata o Concello e alí concentración. Entregarase un escrito para participar nun pleno do Concello (Se hai pouca xente non se sae de Povisa farase a concentración directamente na lonxa do Concello).
Xoves 13 de decembro. Concentración e manifestación á saida da asemblea (16:00 horas). A manifestación percorrerá Povisa, Álvaro Cunqueiro, López Mora, Pza América, Gran vía (concentración Policlínica), Povisa (concentración).
Martes 18 de decembro. Concentración na Xunta ás 16:00 horas. Entregarase un escrito pedindo reunión coa delegada provincial da Xunta en Vigo.
Xoves 20 de decembro. O mesmo que o xoves 13
Xoves 27 de decembro. O mesmo que o xoves 13
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.